Revoltallo audiovisual

revoltallo-audiovisualOs colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante-Setem organizan este concurso de curtametraxes.

Os colectivos A Xuntanza, Verdegaia e Amarante Setem levan organizando durante varios anos consecutivos o ciclo de cinema documental “Coñecer para cambiar”, e trala boa acollida da primeira edición do concurso de curtas “Filmar para cambiar”, decidiron este ano reorientar a programación cara un novo formato onde van pór o foco na participación cidadá.

O “RevoltAllo audiovisual” non é só un ciclo ou un concurso, senón tamén unha proposta máis acaída os tempos e os desexos das persoas para xerar os seus propios discursos. A programación do “RevoltAllo 2014” inclúe por tanto, unha nova edición do concurso de curtas, a proxección das curtas gañadoras da pasada edición, a presentación dun documental galego coa presenza da súa realizadora e unha formación intensiva de fin de semana para a realización de curtas “caseiras”, o “Obradoiro AlloVisual de vídeos contra o capital!”

O concurso de curtas xa ten aberto o prazo de recepción de vídeos, dende o 10 de febreiro e até o 30 de abril. Neste concurso poderán participar todas as persoas interesadas que envíen unha curtametraxe de temática social e medio ambiental dende unha óptica de denuncia e na procura de alternativas éticas. A elección das curtas gañadoras será por votación do público asistente no día da proxección e as persoas con algunha das tres curtas máis votadas recibirán un premio simbólico, xa que a finalidade do concurso é darlle difusión os traballos realizados ao redor destas cuestións.

Programación do RevoltAllo 2014

Mércores 30 de abril. Proxección das curtas gañadoras do 2013
Lugar: Biblioteca Ánxel Casal (Compostela) ás 20h

Mércores 7 de maio. Presentación do documental “Tesouro de Corcoesto” de Cora Peña
Lugar: A Xuntanza (Compostela) ás 20h

Fin de semana do 16, 17 e 18 de maio. “Obradoiro AlloVisual de vídeos contra o capital!”
Obradoiro de 8-9 horas de formación teórico-práctica para a realización in situ dunha curtametraxe de carácter social e/ou medio ambiental.
Dinamizan: Illa Bufarda, www.illabufarda.com
Prezo por persoa: 20€. Inscricións até o 14 de maio no correo-e: revoltallo2014@gmail.com

Mércores 21 de maio. Concurso de curtas “RevoltAllo 2014”. Proxección e elección das curtas gañadoras polo público asistente. Lugar: A Xuntanza (Compostela) ás 20h

Para máis información, nas webs dos colectivos e no correo electrónico revoltallo2014@gmail.com

Bases do concurso:
As curtas presentadas serán de temática social e/ou ambiental.
O idioma das mesmas será o galego ou o castelán e, de estar noutro idioma, deberán estar subtituladas.
Os materiais audiovisuais entregados terán unha duración máxima de 20 minutos.
As curtas entregaranse co seguinte material e documentación:
Unha copia da obra en DVD
Ligazón para descargar a curta
Breve sinopse da curta
Biofilmografía da persoa que dirixe ou produce a curta
Fotografía ou fotograma da obra

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*