Decálogo das vacinas

A asociación de pediatras presenta o documento baixo o lema “Vacínao, protéxeo”.

vacinacion1.Protexen a nosa saúde: As vacinas protéxennos fronte a algúns virus e bacterias que causan enfermidades graves e potencialmente mortais. Activan as nosas defensas e axúdannos a defendernos dos microorganismos

2.Salvan vidas: Hoxe en día, seguen morrendo cativos/as e adultos por mor de enfermidades que se poderían previr con vacinas, tales como a polio, o tétanos, a meninxite, a difteria, a tose convulsa (tose ferina) Sen dúbida, a vacinación e a potabilización do auga foron as intervencións de saúde
pública que máis vidas salvaron ao longo da historia, e ségueno facendo

3.Poden controlar e eliminar enfermidades: Co esforzo coordinado entre moitos países pódese conseguir erradicalas para sempre. Un exemplo é a varíola, que foi definitivamente erradicada en 1978, logo de producir ata cinco millóns de mortes anuais. A polio está próxima a desaparecer. E outras enfermidades (difteria, tétanos, rubéola, etc.) diminuíron moito

4.Preveñen algúns tipos de cancro e enfermidades dexenerativas: Está demostrado que a vacina da hepatite B prevén a cirrose e o cancro de fígado, e a vacina do papiloma, o cancro de pescozo de útero. A vacina do sarampelo prevén enfermidades neurodexenerativas

5.A vacinación non é só ”cousa de nenos”: Débese vacinar a calquera idade: nenos, adolescentes e adultos. Tanto a poboación sa ao longo da vida como a persoas que pola súa situación de saúde poden ter máis riscos. E nalgunhas situacións especiais (mulleres embarazadas, viaxes internacionais, determinadas profesións…)

6.Son solidarias: Ademais de protexer a un mesmo, protexen os demais, os nosos contactos. Impiden a transmisión da enfermidade. Teñen efecto protector noutras persoas non vacinadas ou con poucas defensas: é a “inmunidade de grupo”.

7.Son seguras e efectivas: Hai moitos falsos mitos sobre as vacinas. Atópanse entre os produtos máis seguros usados en Medicina e só se aproban logo de ser sometidas a rigorosísimos controis e estudos. Calquera vacina pode causar algún efecto adverso; con todo, a maioría deles son benignos, transitorios e doadamente controlables.

8.Existen moi poucas contraindicacións reais para as vacinas: Son un dereito básico Non hai razóns para que un neno morra ou padeza graves secuelas por unha enfermidade que se pode prever mediante vacinación. En España, o Sistema Nacional de Saúde proporciona de xeito gratuíto a maioría das vacinas necesarias para todos os nenos e nenas, en función da súa idade. A decisión de vacinar a un menor corresponde aos seus pais, nais ou titores. Non debemos negarlles aos nenos este dereito

9.Forman parte dun estilo de vida saudable: As vacinas son tan importantes como a alimentación e o exercicio físico para manterse sans

10.Consellos sobre vacinación:
Infórmese do calendario de vacinas recomendadas e acuda ao seu centro de saúde nas datas previstas.
Leve consigo o seu libro ou tarxeta de vacinación
para que lle anoten as vacinas postas.
Consulte co seu pediatra ou enfermeira se ten dúbidas.
E fágao con suficiente antelación se ten intención de viaxar ao estranxeiro

Relacionadas
Decálogo da Alimentación
Decálogo da febre
Decálogo para unha parentalidade positiva

Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*