Do, re, mi, fa, sol…

O Caderno Verde de Sogama ofrece esta semana un recurso medioambiental para as aulas de educación artística.

Brais e Mireia están construíndo unhas caixa-guitarras… Que nunca escoitastes falar dese instrumento? Pois mirade, mirade ben! Vannos explicar como fixeron.

Na casa apartaron dúas caixas baleiras, unha de galletas e outra de cereais. Primeiro marcaron un círculo na tapa da caixa para facerlle un burato. Despois fixeron con cartón un triángulo e pegárono á caixa, deixando unhas fendas para colocar as gomas. Brais deuse conta de que canto máis tensa está a goma máis agudo se escoita o son…

aula-de-musicaPodedes descargar aquí de balde este recurso: Do, re, mi, fa, sol…

 

Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

Relacionado:
Caderno Verde: fichas para primeiro ciclo de Primaria

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a O máis visto no último mes en Botóns | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*