Podería pasarche a ti? ‘Most shocking second a day’

Save the children difunde un vídeo para alertar da situación dos nenos e nenas en Siria.

O impacto do conflito bélico en Siria está sendo especialmente grave para os cativos daquel país. Bebés apenas nados morren nas incubadoras por cortes na electricidade, reapareceron enfermidades como a poliomelite ou o sarampelo, tiveron que amputárselle membros a menores porque os equipos médicos non dispoñían dos equipos necesarios que poderían telo evitado…

Para chamar a atención sobre a situación, o colectivo Save the Children difundiu un impactante vídeo que leva a atención a un fogar occidental e pregúntase como sería apenas un segundo de cada día na vida dunha nena británica se no seu país estivera pasando o mesmo que está pasando en Siria.

“Que non pase aquí non significa que non estea pasando!”

Espazo de colaboración na web de Save the Children. As achegas converteranse en comida, auga potable, roupa, material escolar ou asistencia médica

video-siria

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*