Maratón ornitolóxica na Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

maraton-ornitloxicaO vindeiro sábado 15 de marzo. Organiza o colectivo naturalista Hábitat.

A maratón ornitolóxica é unha actividade lúdica que consiste en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña nun tempo determinado. O obxectivo é achegar o avistamento e a identificación de aves ao público xeral, e poñen en valor os atractivos naturais da Reserva da Biosfera.

Concellos participantes: Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, A Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Información básica
Data: sábado 15 de marzo de 2014. 
Horario: período de observación de 07:00 h a 19:00 h, tendo que estar ás 20:00 h na Aula da Natureza de Arteixo(Travesía de Arteixo 309- A), para o reconto de puntos e entrega de premios. 
Lugar: concellos da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña. 
Organiza: Grupo Naturalista Hábitat / G. D. R. “Mariñas-Betanzos”.

Inscricións

A inscrición é gratuíta e o prazo estará aberto ata as 23:59 h do xoves 13 de marzo. Realizarase por teléfono (981 135 014) ou no correo electrónico (gnhabitat@yahoo.es), indicando nome completo de todos os participantes, datos de contacto (e-mail e teléfono) e concello escollido. Haberá dúas modalidades de inscrición:
Equipos: poden inscribirse equipos xa formados, de 3 a 5 membros, dos cales un será o cabeza de equipo, con experiencia na observación de aves. Na inscrición, deberán indicar o nome do equipo.
Individual: para persoas que desexen participar, pero non teñan equipo formado. Hábitat formará os equipos, tendo en conta o concello seleccionado, e asignaralles un cabeza de equipo.

Máis información na web do Grupo Naturalista Hábitat

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*