Programa ‘Actúa’ de achegamento da mocidade á realidade das persoas en risco ou dificultade social

fundacion-maria-jose-jove-2Iniciativa da Fundación María José Jove para mozas e mozos de entre 14 e 18 anos.

A Fundación María José Jove e a Asociación Participa para a Inclusión Social presentaron “ACTÚA. Acción Xuvenil de Conciencia Social Positiva”, un programa a través do cal buscan sensibilizar e xerar condutas prol-sociais nos mozos, achegándoos ao traballo que entidades e asociacións realizan con menores e persoas en risco ou dificultade.

Dirixido exclusivamente a mozos de entre 14 e 18 anos, para Felipa Jove, presidenta da Fundación María José Jove, “é o primeiro programa que poñemos en marcha para o colectivo adolescente, polo que se trata tamén dun reto. Neste sentido, foi deseñado desde o convencemento de que o coñecemento e a experimentación é a mellor ferramenta para desenvolver unha conciencia social positiva. Algo imprescindible en calquera sociedade, pero máis aínda na época que estamos vivindo”.

Ao acto de presentación asistiron tamén María Martínez Lemos, vicepresidenta da Asociación Participa para a Inclusión Social, entidade que organiza o programa conxuntamente coa Fundación María José Jove, e Belén Rey Asensio, coordinadora do proxecto.

ACTÚA é unha innovadora experiencia de Participación Activa que achegará a mozas a grupos de nenos e adultos en situación de risco nas áreas de: protección da infancia, discapacidade, factores
de protección fronte a condutas aditivas e de risco e consumo responsable. Os participantes asistirán a sesións con especialistas nas distintas áreas de intervención social, acudirán a sesións
nas propias entidades de afectados, elaborarán un caderno de campo co traballo de colaboración realizado e intercambiarán experiencias con outros participantes. En total, serán cinco sesións que se celebrarán entre os meses de febreiro e xuño os sábados pola mañá e que terán tres fases e sesións moi diferenciadas: de coñecemento, prácticas e posta en común.

CALENDARIO

  • Sesións de coñecemento: sábados 22 de febreiro e 15 de marzo na sé da Fundación María José Jove.
  • Sesións prácticas. Sábados 10 de maio: visita e participación en centros de afectados por diversidade funcional, residencias para afectados, centro especial de emprego, programa de desenvolvemento sostible, etc.
  • Sesión de posta en común: sábado 14 de xuño na sé da Fundación María José Jove.
    Estarán os titores, os especialistas e usuarios dos centros. Invítase ás familias e achegados
    dos mozos a participar nesta sesión.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*