Salón do Libro Infantil e Xuvenil: Cociñando Contos

cocinhando-contosEn Pontevedra, XV edición do 14 de marzo ao 5 de abril.

A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.

Traballo, ilusión, imaxinación, creatividade, compañerismo, tradición e innovación, participación, compromiso, cariño, coidado e mimo, profesionalidade, implicación, esforzo. Eses son os ingredientes cos que cociñamos esta edición tan especial, na que non pode faltar o máis importante: vós, que do 14 de marzo ao 5 de abril estades convidados a degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.

Actividades

Programa completo (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*