VII congreso estatal de Bibliotecas Públicas

congreso-bibliotecas-publicasAínda aberto o envío de comunicacións e vídeos e nesta edición tamén de apps. Será do 12 ao 14 de novembro en Badajoz.

O programa non está aínda pechado, pero o congreso xirará arredor dos diferentes aspectos vencellados coa implicación das bibliotecas na sociedade e fará unha reflexión do papel da biblioteca pública na sociedade actual, os servizos que ofrecen e o seu impacto socioeconómico. As comunicacións propóñense en tres áreas:

1.Participación cidadá: Cooperación cidadá, ante a situación de incerteza que atravesan as bibliotecas; supervivencia das bibliotecas; como os cidadáns interveñen para perfilar as actividades das bibliotecas e como colaborar con elas; posible xestión participativa das bibliotecas; experiencias de inclusión social; multiculturalidade, accesibilidade no sentido máis amplo; Asociacións de Amigos de Bibliotecas.

2.Impacto socioeconómico: retorno do investimento; rendabilidade económica / rendabilidade social; bibliotecas en tempo de crise; evolución das Bibliotecas Públicas; proxectos de colaboración público – privada (mecenados, patrocinios, crowdfunding, fundraising …) en bibliotecas públicas; saber comunicar debidamente o que facemos.

3.Lectura e cidadanía: o rol educativo da Biblioteca Pública; o papel da Biblioteca Pública na adquisición de competencias lectoras dos cidadáns, á hora de buscar e acceder á información pertinente, ante a sobrecarga de información presente en internet; vencello da comprensión lectora co desenvolvemento e benestar social, as competencias básicas de lectura e as destrezas informáticas como retos dos cidadáns na actualidade; alfabetización; necesidade de elaboración de perfís de usuarios tendo en conta as posibilidades dos datos que nos aporta a web 2.0 e a minería de datos, para coñecer mellor as súas necesidades e dar mellor servizo; lectura dixital.

Ademais de comunicacións e vídeos, como novidade este VII Congreso ofrece a posibilidade de presentar apps, aplicacións desenvolvidas polas bibliotecas para poder ofrecer os servizos a través de dispositivos. Este ano, ademais, realizarase un concurso que premie o vídeo máis votado polos asistentes ao Congreso.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*