Concurso Proxecta Innovación

concurso-fundacion-amancio-ortegaIniciativa convocada pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Rey Fernández-Latorre. O obxectivo é facer realidade proxectos que impulsen a creatividade nos centros educativos de Galicia.

Podes participar neste concurso se és profesor/a de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato ou formación profesional de calqueira centro escolar de Galicia. Tamén poderán presentarse iniciativas de grupos de profesores, así coma calquera proxecto que conte coa participación activa do alumnado.

Outorgarase un único premio de 8.000 € (oito mil euros), destinados para o pago das actividades formativas (individuais ou de grupo), servizos e/ou material tecnolóxico que sexan necesarios para a execución e desenvolvemento do proxecto premiado. Esta cantidade, en todo caso, poderá representar ata o 80% do custo total do proxecto. O proxecto gañador será executado durante o curso 2014-2015. O 1 de xullo de 2015, o centro deberá estar en condicións de presentar, polo menos, unha primeira avaliación de resultados.

Toda a información e bases

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*