Encontro entre menores que cometeron infraccións de tráfico e rapaces con dano cerebral adquirido

asociacion_alentoAs asociacións Alento e Arela colaboran na a promoción da seguridade viaria.

Os accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido (DCA) tralo ictus. A porcentaxe de persoas con DCA motivado por accidentes aumenta canto menor é a idade, polo que Alento ten como prioridade, en materia de prevención, a sensibilización da xente nova sobre os perigos da condución imprudente.

As asociacións Alento (de familias e persoas con dano cerebral adquirido) e Arela (de apoio á infancia e mocidade) colaboran na a promoción da seguridade viaria e a prevención dos accidentes de tráfico compartindo un programa a través do que poñen en contacto a menores que cometeron infraccións de tráfico con mozos e mozas de Alento que teñen dano cerebral adquirido a causa dun accidente na estrada.

Así, en colaboración con Arela, organizan unha xuntanza entre adolescentes que cometeron algunha infracción de tráfico e que teñen a obrigación de cumprir medidas xudiciais e persoas usuarias da asociación que teñen dano cerebral por causa dun accidente. O encontro está estruturado en tres partes. Comeza cun momento de acollida e presentación, coa mediación dos coidadores e coidadoras. A continuación os rapaces e rapazas manteñen unha xuntanza sobre o que teñen en común. Por último, os equipos de ambas asociacións xogan unha partida ao boccia (deporte paralímpico similar á petanca).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*