“Festa da música e a palabra”, o sábado 5 en Teo

certame_musical_TeoGran final do I Certame de Canción de Autor en Galego ‘Concello de Teo‘.

Esta “festa da música e a palabra” no Concello de Teo comezará ás 20 h no Centro Sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello, e as entradas son de balde. Os oito finalistas disporán de oito minutos para defenderen a súa actuación, estilo e calidade. O público outorgará dous accésit: ao mellor artista e á canción máis orixinal. Das 23 inscricións iniciais resultaron finalistas: Alba María, Gamy, María Costas, MJ Pérez, Nastasia Zürcher, O Neno Elliot, Sofía Espiñeira e Susana Martínez.

A gran final

A gala será conducida polo director artístico do certame, o músico Xoán Curiel, e terá unha duración aproximada de dúas horas. O certame está organizado polo propio Concello e conta co patrocinio da Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de Gadis e colaboran, entre outras entidades: Músicos ao Vivo e a Asociación de apoio aos Músicos Noveis Galegos Amunoga, cafetería A Senra (Pontevea-Teo) e a tenda de música compostelá ‘O Pazo das Musas’, que achegará os galardóns para esta final.

O xurado fórmano por Carme Hermida, concelleira de Cultura do Concello de Teo; Uxía Senlle, representando á parte artística; Pepe Cunha, fundador do portal www.abretedeorellas.com en representación da prensa especializada e Montse Rivera, directora de Merlo Branco Produccións representando as industrias culturais.

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*