Revista Galega de Educación nº58: Cooperación e Desenvolvemento

revista-galega-educacion-numero58Germán Vargas Callejas e María José Caride Delgado, son os coordinadores do monográfico deste nº58 da Revista Galega de Educación, que edita o colectivo Nova Escola Galega:

A Educación para o Desenvolvemento (EpD) constitúe unha maneira especial de educar que, nunha sociedade globalizada, insiste na corresponsabilidade e a interdependencia, de modo que cada persoa razoe e sinta que ten un destino compartido, que a vida das outras persoas, das máis vulnerables no norte e no sur, forma tamén parte da propia existencia.

En termos xerais o monográfico responde aos seguintes obxectivos: ampliar o coñecemento sobre a EpD e a súa importancia para a transformación de situacións de pobreza e exclusión social en Galicia e nos países cos que se coopera; animar o profesorado e demais axentes sociais na práctica da EpD; presentar experiencias de EpD para promovela como un proceso educativo que transforma vidas.

Para unha lectura máis contextualizada da EpD, José Luís Pastoriza propón ideas do que é e debería de ser a Cooperación Galega na Educación para o Desenvolvemento. Insistindo na análise local da cuestión, Alicia López e Estíbaliz Táboas, propoñen o estudo, en clave avaliativa, das prácticas de EpD en Galicia, e Daniel González pecha o apartado coa presentación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Pola súa banda, María Paz e Aña López narran o labor realizado por Solidariedade Internacional de Galicia no terreo do comercio xusto e o consumo responsable. O apartado é enriquecido coa contribución de Nuria Villa, quen presenta a xénese e percorrido da organización denominada Social Hope e o seu labor educativo e social en Quenia. Na parte final das experiencias, Carlos Ferreiro describe o proxecto de cooperación internacional entre o IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o centro educativo Timoteo Rondales de Bermejo, en Bolivia.

Resumo dos contidos do nº58 (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*