A que sabe, a que ule, que cor ten?

a-auga-portadaEsta semana, o Caderno Verde de Sogama achega un recurso para as aulas de Coñecemento do Medio.

Sabes cantas cousas se poden facer coa auga? Cales destas serán boas e malas prácticas? Aprendemos cos Amigos de Vilaverde un feixe de cousas sobre a auga.

Podes descargar aquí de balde este recurso: A Auga
 

Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

Relacionado:
Caderno Verde: fichas para primeiro ciclo de Primaria

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*