Día da Ciencia na Rúa

dia-da-ciencia-2014O Parque de Santa Margarida, na Coruña, acolle unha nova festa da ciencia o sábado 10 de maio.

Que forma ten a túa voz? Como coller unha moeda da auga sen mollarse? Como construír un robot? Que hai no meu xeonllo, no meu corazón, e no meu fígado?

Coa deste 2014 serán xa dezanove edicións do Día da Ciencia na Rúa. Estudantes, profesorado e familias encherán o coruñés Parque de Santa Margarida nunha xornada á que se unirán os tres museos científicos municipais coruñeses mantendo as súas portas abertas ao longo do día e aos que se lles une desta volta o novo Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía. Dende as 11 da mañá e deica as 19 horas da tarde, nun ambiente distendido e lúdico poderemos gozar de xogos e experimentos diversos. Ademais: maxia, contacontos, pasarrúas, etc

Na web da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias podedes atopar o programa completo desta XIX edición.
http://www.amigoscc.es/escolares/ciencia-en-la-calle/

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*