Que les agora? Ou cal é o teu libro favorito? Iniciativa da CRTVG, Gálix e a AELG.
“#EnGalegoLeo en galego falo, en galego escribo, en galego sinto, en galego quero” di @_MariaCanosa en twitter. “#EnGalegoLeo cada día. O día do libro tamén”, deixa @MariaSolar2. “A pouco + de 48 horas para celebrarmos o Día do Libro, ti que les? Lembrade completar os vosos hastag #engalegoleo”, recórdanos @MercedesQueixas
Baixo a etiqueta #engalegoleo na rede abrollan os últimos días as preferencias e recomendacións de moitos internautas do país. As suxestións xorden do convite realizado recentemente pola CRTVG, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) cara a celebración do Día do Libro este mércores 23 de abril.
A iniciativa quere servir para animar o conxunto da cidadanía a recomendar un libro en galego, a explicar por que lles gusta ler ou que é a literatura para cada un. A páxina web de referencia onde se recollen as achegas é http://www.crtvg.es/especiais/dia-do-libro
Mira o que se di en Twitter: #EnGalegoLeo