Xornada ‘A Lei do Menor: retos de intervención’

xornada-lei-do-menorEn Vigo, o 14 de maio, coia intervención de Vicente Garrido e Gonzalo Sotelo.

A Fundación Barrié e a Asociación Arela organizan esta xornada, dirixida a docentes e profesionais da intervención social, que baixo o título de “A Lei do Menor: retos de intervención”, reflexionará sobre como evolucionou a Lei do Menor dende a súa entrada en vigor no ano 2000.
Obxectivos da xornada:
Proporcionar información sobre os cambios máis salientables na intervención con menores infractores dende 2000.
Profundar sobre a intervención educativa con menores maltratadores.
Expór os perigos e delitos derivados dunha mala utilización das redes sociais e da internet.
Reflexionar arredor da intervención educativa con menores infractores en Galicia.
A Xornada contará coa presenza de:
Vicente Garrido Genovés, profesor titular da Universidade de Valencia, onde imparte Pedagoxía e Criminoloxía, e profesional de referencia no eido da psicoloxía criminal e da pedagoxía correccional, quen abordará o tema da violencia no ámbito doméstico.
Gonzalo Sotelo, responsable da unidade de delitos tecnolóxicos da Garda Civil, especialista en temas tecnolóxicos e dos usos que os adolescentes fan da internet e das redes sociais.
Profesionais que traballan en Galicia en diferentes ámbitos de actuación na execución da Lei do Menor e que darán a súa visión sobre a evolución vivida na execución desta.
Data:
14 de maio de 2014
Mañá: De 9.00 a 14.00 h. e Tarde: De 16.00 a 20.00 h. 
Fundación Barrié, sede de Vigo

Inscricións a través da Asociación Arela

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*