Dende Guitiriz, a biblioteca Poeta Díaz Castro achéganos un novo recurso para escolma de contidos sobre Xosé María Díaz Castro.
Desta volta trátase dunha proposta de actividade de 50 minutos con xogos sobre a poesía do autor. A actividade foi deseñada e posta en práctica pola profesora María Miragaya a partir do obradoiro de Chus Otero.
Na bitácora da biblioteca poden descargarse todos os materiais necesarios para usar de xeito individual ou na clase co proxector.
1-. Que lle pasa ao texto…
2-. Buscamos a vocal para o poema
3-.Palabras cambiadas
4-. Completamos o poema con palabras
5-. Emparellamos as dúas partes dos versos
6-. Encaixamos os veros de Penélope
7-. Ordenamos as estrofas
8-. Descubrimos as partes de Nimbos
9-. Verso desordenado