Terra de xeo

islandia_anton_varelaExposición de fotografías de Islandia realizadas por Antón Varela. No CEIDA, en Oleiros.

Islandia significa “terra de xeo” na lingua propia da illa. Foi o nome que lle puxeron os primeiros poboadores, chegados do continente arredor do século IX. A sensación que experimentaron aqueles homes non debía ser moi diferente da que aínda sentimos hoxe cando visitamos por primeira vez aquela terra.

Un lugar sobrecolledor, moi afastado estéticamente das paisaxes que estamos acostumados a contemplar. Terra de xeo busca esa diferenza, esa característica esencial da natureza islandesa e como o home se adaptou a aquel lugar, tan diferente do noso entorno, que por momentos non alcanzamos a comprender.

A exposición TERRA DE XEO está composta de fotografías feitas por Antón Varela Varela nunha viaxe arredor de Islandia. Para a toma de fotografías o autor desprazouse a ese territorio, en agosto de 2012, para coñecer a natureza e a sociedade daquel país.
A temática xira en torno á paisaxe e a adaptación do home á natureza.

Lugar: CEIDA, Oleiros
Datas: Do 2 de abril ao 31 de maio de 2014
Horario de visita – Luns a venres: 10 – 14 h, e 17 – 20 h.
Sábados: 11 – 14 h.
Entrada de balde

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*