Correlingua cara ás Letras!

Parte da banda gañadora en 2013, do CEIP Otero Pedraio de Amoeiro
Parte da banda gañadora en 2013, do CEIP Otero Pedraio de Amoeiro
“Galego, o paso adiante” é o lema da actividade que percorrerá 12 localidades do 5 ao 16 de maio.

O Correlingua, percorrerá doce localidades entre o 5 e o 16 de maio, baixo o lema: Galego, o paso adiante en diálogo aberto co escritor lugués homenaxeado este 2014, Xosé María Díaz Castro, quen, no inesquecíbel ‘Penélope’, falaba do abalar da historia galega: “un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”.

Cada unha das doce carreiras rematará nunha festa final na que se lerá o manifesto gañador e na que actuará un dos grupos gañadores do Cantalingua, outro dos certames do Correlingua, en que os grupos seleccionados foron elixidos polo alumnado e o profesorado dos centros IES de Arzúa, IES Vicente Otero Valcárcel de Carral, IES Lama das Quendas de Chantada, IES Joham Carballeira de Bueu e IES Pino Manso do Porriño que escolleron como gañadores a Superoito, Monoulious Dop e Quempallou.

Nesta ocasión será a actriz Isabel Risco, recente gañadora do premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto na serie Era Visto!, a encargada de conducir o acto festivo.

A actividade do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos, está organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo. Na recente presentación do Correlingua realizouse a entrega de premios ao alumnado gañador de cada un dos certames que foi:

– No certame de Banda Deseñada: 5º A Colexio Divina Pastora- Salesianos Lugo.

– No certame de Vídeo: 3º ESO IES de Elviña. A Coruña.

– No certame de Manifesto: “Ameneiros”, 3º ESO. IES Isaac Díaz Pardo. Sada.

CALENDARIO
05 de maio – Pontevedra
06 de maio – Santiago
07 de maio – Lugo
08 de maio – Ferrol
08 de maio – Monforte
09 de maio – Vigo
12 de maio – Tui – Baixo Miño
12 de maio – A Estrada
13 de maio – O Morrazo
14 de maio – Ourense
15 de maio – A Coruña
16 de maio – Foz

http://www.correlingua.org/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*