No peirao

no_peiraoRecurso de balde para as aulas de galego do segundo ciclo de Primaria.

Da man de Sogama, os Amigos de Vilaverde chegan con outra actividade á rede. Plástico, madeira, papel, vidro, metal, trapos… Os Amigos de Vilaverde atoparon un monte de lixo na súa visita á praia e o peirao. Isto non pode ser! Pero xuntos conseguiremos traballar por un Planeta máis limpo, tamén á beira do mar. Sabes a que colector vai cada tipo de residuo?

Podes descargar o novo caderno de actividades aquí: No peirao.

Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio daConsellería de Medio Ambiente.

Aloia, Brais, Tomé e Mireia, xunto co avó Celso e o can Cirilo, son “Os amigos de Vilaverde”, personaxes que acompañan os escolares nesta aventura de aprendizaxe ambiental na que tamén participa a coñecida Familia Trebón, protagonista da serie de videocontos do “Planeta Verde” de Sogama.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*