O IES Luís Seoane gaña o desafío do Club de Debate

club_de_debateO equipo do instituto pontevedrés vence na final celebrada en Ferrol.

O IES Plurilingüe, de Ames, o IES Parga Pondal, de Carballo, o IES Luís Seoane e o IES A Xunqueira, de Pontevedra, o IES Leixa e o IES Saturnino Montojo e os IES nº 1 e Chamoso Lamas, do Carballiño foron os oito finalistas do Club de Debate.

Os representantes destes oito centros escolares nesta iniciativa en prol da normalización lingüística, acudiron a pasada semana para o enfrontamento dialéctico na gran final, celebrada no Teatro Jofre, en Ferrol, para debater baixo a proposta enunciada coa frase “Pódese vivir en galego?”. Finalmente, o IES Luís Seoane foi o vencedor.

Os obxectivos pedagóxicos desta iniciativa son:
-Favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais.
-Potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria.
-Promover o pensamento crítico e analítico.
-Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*