Teatro e radio nos obradoiros da Rede de Dinamización Lingüística

rede-de-dinamizacion-linguisticaOs participantes crearán pezas teatrais e curtas radiofónicas.

Deica final de ano impartiranse diversos obradoiros e representacións teatrais en Arteixo, Betanzos, Boiro, Brión, A Coruña, Cerceda, Ferrol, A Laracha, Padrón, Ribeira, Viveiro, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ribadavia, Verín, Cangas, Forcarei, O Grove, Marín, Ponteareas, Silleda, Soutomaior e Tui. Serán obradoiros de teatro cómico e de clown, que rematarán coa representación dunha peza creada polos asistentes

O galego na onda
Ademais, botoux xa a andar o concurso de curtas de radio O Galego na Onda. Convócase na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e nos concellos de Ames, Corcubión, Fene, Melide, Santa Comba, Burela, Palas de Rei, Quiroga, O Carballiño, Cambados, A Estrada, Lalín, Mos e Tui.

O premio para os rapaces e rapazas que, durante o Mes das Letras, fagan en cada unha destas localidades as cuñas publicitarias que mellor promovan o galego será un obradoiro de comunicación radiofónica que se desenvolverá nas dependencias de cada emisora municipal. No marco dese obradoiro, gravarán un programa que será emitido por esa mesma emisora.

As son promovidas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación coa colaboración das entidades locais en que se celebra. Complétase cos programas FalaRedes e Os Axóuxeres, tamén dirixidos a entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*