Organizado por Amigos da Terra do 1 ao 12 de agosto, con actividades ambientais e de bioconstrución. Destinado a mocidade entre 18 e 30 anos.
Este campo de traballo terá lugar no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que se atopa no concello de Vilar de Barrio en Ourense.
As Corcerizas é un centro de formación e educación ambiental xestionado pola asociación Amigos da Terra. Está autoabastecido con enerxías renovables exclusivamente, conformando unha illa enerxética; ademais do albergue rehabilitado con 40 prazas dispoñibles en liteiras, conta cun comedor e cunha aula de natureza construídos baixo criterios e materiais de bioconstrución con espazos para obradoiros e sala multiusos.
Tamén se traballará na protección do contorno natural, recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede; xunto con roteiros pola montaña, obradoiros, e dinámicas grupais
A inscrición faise a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.
Toda a información aquí (.pdf)