Explícoche Matemáticas 2.0

dubidas_matematicasOs vídeos do concurso dirixido a alumnado universitario, Bacharelato e ESO.

Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo) e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bachalerato dos centros de educación secundaria de Galicia.

O obxectivo do concurso é promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado, a través da realización de curtametraxes de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

Na canle en Youtube da Facultade de Matemáticas podedes ver a peneira de vídeos. Alén da decisión do xurado, haberá premio tamén para os preferidos polos internautas.

Os vídeos concursantes
https://www.youtube.com/channel/UCyYYmSFIdJh-zILXnpWlcvA/videos

Edicións anteriores
http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/explicoche_matematicas_2_0.html

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*