Observadores do Mar

observadores_marIniciativa divulgativa do CSIC que busca a implicación da cidadanía para o coidado da nosa costa.

Es un bo ou boa observadora? Pois a túa mirada é moi valiosa. Así o consideran desde o Instituto de Ciencias do Mar, organismo dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Biólogos mariños, zoólogos, ecólogos e naturalistas varios propóñenlle á cidadanía participar no coñecemento dos nosos mares e océanos e controlar os perigos que os ameazan.

Con esa fin está aberto un abano de varios proxectos colaborativos na procura de información concreta sobre algunhas especies indicadoras de fenómenos de cambios que están acontecendo. Ademais, tamén se busca vixiar a contaminación mariña e concienciar a cidadanía da necesidade dun uso responsable do territorio en xeral e do mar en particular.

Máis información e inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*