Filosofía para nenos e nenas: aprendendo a pensar

filosofia_para_nenosCurso de Verán na Universidade da Coruña para profesorado, alumnado de Ciencias da Educación e todo aquel interesado.

O obxectivo deste curso, coordinado por Javier F. Rouco Ferreiro e Helena Zapico, é afondar nos principios básicos e os fundamentos da Filosofía para Nenos e Nenas como sobranceira metodoloxía de acción socioeducativa en contextos escolares e comunitarios.

Vivenciaranse e poranse en práctica os diferentes recursos e estratexias para Xogar e Pensar (arte, literatura e xogos), analizando asemade experiencias desenvolvidas en múltiples contextos e con colectivos moi diversos. Para iso contarase coas valiosas achegas de profesionais de ampla traxectoria e recoñecido prestixio neste campo, membros destacados do Equipo Noria e/ou do Proxecto Miroscopio.

Previa inscrición ata o 15 de xuño: Enviar correo electrónico á secretaría do curso (helena.zapico@udc.es), indicando nome e apelidos, dni, en derezo electrónico e modalidade de matrícula solicitada (normal ou reducida)

PROGRAMA
Xoves 26 xuño
16:00–16:30 Recepción de participantes

16:30–18:30 Conferencia inaugural. “Filosofía para Nenos e Nenas: aprendendo a pensar”. Carmen Loureiro. IES da Illa de Arousa
18:30–19:00 Descanso
19:00–20:30 Conferencia: “Filosofando en Galicia: o Proxecto Miroscopio”. Jesús Merino. IES Armando Cotarelo (Vilagarcía de Arousa)

Venres 27 xuño
10:00–13:30 Cineforum sobre o documental “Só e principio” de Jean Pierre Pozzi e Pierre Barougier Dinamiza: Miguel Vázquez. IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela)
16:00–20:00 Obradoiros simultáneos:
Arte para pensar. Carmen Loureiro. IES da Illa de Arousa
Cidadanía creativa. Angélica Sátiro. Casa Creativa (Barcelona)
Xogando a pensar entre viñetas. Mar Santiago. CEIP Emilia Prado Bazán (A Coruña)

Sábado 28 xuño
10:00–14:00 Obradoiros simultáneos:

Arte para pensar. Carmen Loureiro. IES da Illa de Arousa
Pensando cos sentidos. Javier F. Rouco. Universidade da Coruña
Xogando a pensar entre viñetas. Mar Santiago. CEIP Emilia Prado Bazán (A Coruña)

16:00–18:00 Mesa redonda:

“Filosofía dentro e fóra das aulas”. Modera: Angélica Sátiro
Educación Infantil. Javier F. Rouco. Universidade da Coruña
Educación Primaria. Nita Rivas. CEIP Amor Ruibal (Barro)
Educación Secundaria. Jesús Merino. IES Armando Cotarelo (Vilagarcía de Arousa)
Acción Social. Lidia Gómez. CEIP As Covas (Meaño)

18:00–18:30 Descanso

18:30–20:30
Conferencia de Clausura: “Educar é escribir cartas ao futuro?”. Angélica Sátiro. Casa Creativa (Barcelona)

Coordinación
Dirección: Javier F. Rouco Ferreiro
Secretaría: M.ª Helena Zapico Barbeito

Prezo:
Prezo público xeral: 55 €
Prezo reducido: 40 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional, pensionistas, persoas desempregadas, comunidade universitaria da UDC, membros da Asociación de Filosofía para nenos e nenas de Galicia

Información:
Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña
15071 A Coruña
helena.zapico@udc.es
Tel. 981 167 000 ext. 4661

2 COMENTARIOS

Deixa una resposta a maria Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*