Xa temos aquí a peneira de Olloboi

olloboiMoita calidade e creatividade neste certame audiovisual para as aulas. Non perdades os traballos finalistas.

Olloboi online (elixidos coa votación do público), Olloboi Cómico (pezas humorísticas), Olloboi Peleón (traballos de crítica social), Olloboi Fotoxénico (candidatos á mellor fotografía), Olloboi Orixinal (seleccionados para o premio a mellor guión), Olloboi DJ (premios á mellor música e son), Olloboi Escola (mellor experiencia académica), Olloboi Zamburrioi (a mellor proposta)… A organización do olloboi, A Asociación Marearte, xa seleccionou os 10 traballos candidatos a gañar en cada categoría.

Os expertos do xurado que axudarán na peneira serán nesta ocasión Manolo González, quen fora impulsor e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña e director da Axencia Audiovisual Galega, e a actriz Mónica García, quen ademais presentará a gala de entrega dos premios o vindeiro 23 de maio na Casa da Cultura de Boiro.

Máis dun cento de producións foron enviadas ao certame nesta quinta edición, todo un éxito, a maioría delas chegadas de diversos centros educativos de todo o país.

Velaquí todos os candidatos na web de Olloboi
Tamén podedes seguir o certame Olloboi no Facebook

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*