XX edición da Xornada Ponte… nas Ondas!

ponte_nas_ondas_2014O 30 de maio o evento que tende pontes en prol do patrimonio galego-portugués está de aniversario.

Milleiros de rapaces, rapazas e maiores teñen gozado dalgunha das actividades xurdidas do vizoso impulso creativo da asociación Ponte… nas Ondas. Dende hai vinte anos, o colectivo leva á práctica o espírito que en moitos outros ámbitos acostuma a quedar en retórica ou no papel dando exemplo da posta en valor e da capacidade de tender pontes entre culturas.

Desde a súa primeira edición como xornada “experimental” de radio interescolar a experiencia foi evoluíndo e transformándose coa colaboración e as suxestións dos participantes. Realizáronse programas de radio en directo ( ou pregravados ) no día de Ponte…nas ondas! emitidos pola FM das emisoras de radio , fixéronse colaboracións radiofónicas con emisoras comerciais , emitiuse simultaneamente a programación a traves de internet, elaboráronse programas de televisión emitidos en directo por Internet…un amplo abano de opcións encamiñadas a ofrecer un espazo para a innovación e a creatividade!

Durante estes vinte anos os centros educativos foron os protagonistas e os mantedores de todas as actividades de Ponte…nas ondas! O patrimonio galego-portugués ten sido outra liña de traballo de Ponte…nas ondas! Nesta vixésima edició os centros educativos afondarán neste ámbito, producindo programas sobre o noso patrimonio común cunha nova demostración de creatividade e enxeño.

A cita, o vindeiro venres 30. Toda a información na web de Ponte nas Ondas.
http://www.pontenasondas.org/

Ademais, vanse entregar os PREMIOS “BOAS ONDAS”- 20 PONTE…NAS ONDAS!

BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA RADIOFÓNICO REALIZADO EN DIRECTO
* Programa radiofónico en directo desde unha das emisoras participantes na xornada da XX Ponte…nas ondas!
* Valórase: Guión orixinal, número de participantes en directo, convidados/as ( sen ser alumnado nin profesorado ),

BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA RADIOFÓNICO GRAVADO
* Programa de radio gravado e producido por alumnado.
*Valórase: Guión orixinal, montaxe sonora,convidados/as ( sen ser alumnado nin profesorado )
Duración: Max.50´. Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital

BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA “COLABORATIVO”
* Programa radiofónico realizado en colaboración cunha emisora de radio profesional para a xornada
*Valórase: A realización conxunta en directo, número de participantes en directo, convidados/as ( sen ser alumnado profesorado ), realización técnica.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital

BOAS ONDAS AUDIOVISUAIS AO MELLOR PROGRAMA EN VÍDEO
* Mellor programa realizado en vídeo.
*Valórase: Guión orixinal, calidade das imaxes, montaxe. Duración: Max.50´. Min.20´.

PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital

BOAS ONDAS PATRIMONIAIS AO MELLOR PROGRAMA SOBRE O PATRIMONIO
* Audiovisual documental realizado sobre unha das expresións do patrimonio inmaterial galego-portugués.
*Valórase: A participación do alumnado, a realización da recolla e o seu tratamento, a presentación audiovisual, aproveitamento didáctico. Duración: Max.50´. Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital

BOAS ONDAS DE FÓRA DA EURORREXIÓN GALIZA-NORTE DE PORTUGAL
* Programa audiovisual ( radio, vídeo ) que mostre algunha expresión do patrimonio cultural do pais de procedencia
*Valórase: Guión orixinal, número de participantes, montaxe, realización técnica. Duración: Max.50´.Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*