“En galego estou no mundo, meu o mundo é!”

Aproveitando banda sonora de Paco Nogueiras e do Sonoro Maxín, non perdades os vídeos que armaron por terras viguesas no concurso de Gústame o Galego.

A proposta gañadora na categoría de vídeos de infantil do Concurso Gústame o galego nos centros de ensino de Vigo é a do Ceip A Doblada con Meu o mundo é! levando como banda sonora a peza do mesmo nome de Paco Nogueiras do seu recente traballo ‘Brinca Vai!’. Velaquí:

“En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo…
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo…
Meu o mundo é!”

Ademais, velaí o finalista, con peza de O Sonoro Maxín:

Podedes seguir as novidades da campaña no espazo en Facebook Gustame.gl

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*