Baixo o tema ‘A escola represaliada e resistente’. Días 29, 30 e 31 de maio. En Pontevedra.
O II Simposio A Memoria das Mulleres: A escola represaliada e resistente, terá lugar desde este xoves 29 de maio en Pontevedra, na Casa das Campás. Para participar no simposio é preciso inscribirse enviando un correo electrónico cos teus datos a: mulleresememoria@gmail.com
A inscrición é gratuíta
O simposio comezará o xoves cunha homenaxe a Ernestina Otero, mestra e directora da antiga Escola Normal de Maxisterio da cidade do Lérez. O municipio pontevedrés quere lembrar e reivindicar o legado desta muller aproveitando esta segunda edición do simposio ‘A memoria das mulleres’. Nada en Redondela en 1890, Ernestina Otero rematou con sobresaínte a súa formación de Maxisterio na propia cidade de Pontevedra e marchou a Madrid, onde tivo contacto co círculo da Institución Libre de Ensinanza.
Volveu despois a Pontevedra onde impartiu clases de Pedagoxía e mesmo dirixiu a Escola de Maxisterio local. En 1933 foi unha das dúas mulleres, a outra foi María da Cruz Pérez, que asinou o manifesto de intelectuais en prol do Estatuto de Autonomía. O seu compromiso fixo que coa chegada da ditadura fose suspendida de emprego e soldo e represaliada durante moitos anos nos que lle impediu o acceso a calquera cargo directivo.
Espazo en Facebook ‘A memoria das mulleres’
https://www.facebook.com/pages/A-memoria-das-mulleres/455827637871829
Ernestina Otero, no álbum de mulleres de Cultura Galega
http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=233