Comunidades de aprendizaxe: Inclusión, éxito educativo e desenvolvemento comunitario

curso_comunidades_aprendizaxeArredor dun novo modelo de ensino dialóxico e transformador. Curso de verán da USC. Os días 16 e 18 de xuño.

Son moitos os centros educativos que dende hai anos veñen apostando polo proxecto de Comunidades de Aprendizaxe, traducíndose en experiencias de mellora educativa e transformación social e comunitaria. O curso de verán da USC “Comunidades de Aprendizaxe. Inclusión, éxito educativo e desenvolvemento comunitario” busca achegarnos ás bases deste tipo de iniciativas, favorecer o coñecemento de experiencias de éxito que se están a levar acabo, algunhas delas no contexto galego e, de ser posible, iniciar unha rede de contactos que permitan impulsar este tipo de iniciativas en Galicia.

O curso terá lugar os días 16, 17 e 18 de xuño, en horario de tarde, na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Dirección: M. Carmen Morán de Castro/Germán Vargas Callejas. Grupo SEPA
Secretarias: María Barba Núñez/Laura Varela Crespo

PROGRAMA

16 de xuño

15:00 Recollida materiais
16:00 Inauguración do curso

16:30
Conferencia: Includ-ed. Europa pola inclusión e cohesión social desde a educación Ramón Flecha, catedrático de Socioloxía. Centro Especial de Investigación en Teorías y Prácticas Superadoras de Desigualdades (CREA). Universidade de Barcelona

18:30
Conferencia: O sentido e o proceso de transformarse en Comunidades de Aprendizaxe.
Rosa Valls Carol, Centro Especial de Investigación en Teorías y Prácticas Superadoras de Desigualdades (CREA). Universidade de Barcelona

20:00
Experiencias: A Comunidade de Aprendizaxe de Castroverde (Lugo)
Ana M. Pérez Veiga, directora do CPI Castroverde

17 de xuño

16:00
Conferencia: O desenvolvemento comunitario e as Comunidades de Aprendizaxe.
José A. Caride Gómez, catedrático de Pedagoxía Social. Director do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). Universidade de Santiago de Compostela

17:30
Experiencias: A Comunidade de Aprendizaxe La Paz (Albacete)
Rosa Martínez, directora CEIP La Paz

19:30
Obradoiros simultáneos
Tertulias dialóxicas
Marta Soler Gallart, directora do Centro Especial de Investigación en Teorías y Prácticas Superadoras de Desigualdades (CREA). Universidade de Barcelona

Participación e formación de familiares: Xarxa Clau da Federación de APAs de Cataluña
Rosa Valls Carol, Centro Especial de Investigación en Teorías y Prácticas Superadoras de Desigualdades (CREA). Universidade de Barcelona

18 de xuño

16:00
Mesa redonda: A visión comunitaria das Comunidades de Aprendizaxe desde as e os actores e institucións sociais
Relatores:
Mariló Candedo Gunturiz, Universidade da Coruña, presidenta do MRP Nova Escola Galega
Sofía Olveira Olveira, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Lois Ferradás Blanco. Decano Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de Compostela
Germán Vargas Callejas, grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). Universidade de Santiago de Compostela

17:30
Obradoiros simultáneos
Grupos Interactivos. CPI Castroverde (Lugo)

Transformación comunitaria desde a Comunidade de Aprendizaxe. Rosa Martínez, directora CEIP La Paz (Albacete)

19:00
Mesa redonda
O papel das redes universitarias e a administración educativa na consolidación das Comunidades de Aprendizaxe
Relatores
Representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Marta Soler Gallart, directora del Centro Especial de Investigación en Teorías y Prácticas Superadoras de Desigualdades (CREA).Universidade de Barcelona
M. Carmen Morán de Castro, grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). Universidade de Santiago de Compostela

21:00
Clausura do curso

Grupo de Investigación Pedagoxía Social – Educación Ambiental
http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/sepa_interea/

Programa do Curso
http://www.usc.es/cultura/uveran07_14.htm

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*