Foro Iberoamericano de Educación e Cultura na Era Dixital

fiedecDías 3 e 4 de xuño, na Cidade da Cultura, en Santiago.

Este primeiro Foro Iberoamericano de Educación e Cultura na Era Dixital (FIECED), terá lugar no Gaiás o martes e mércores desta semana, con relatorios e mesas de debate coa participación de diversos expertos internacionais en materia de formación e educación dixital.

Na primeira xornada, que rematará cun concerto do prestixioso violinista Ara Malikian, intervirán entre outros Alejandro Piscitelli, profesor titular do proxecto #humanidadesdigitales na Facultad de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires e deseñador de diversas experiencias en culturas dixitais. Foi xerente do portal educativo do goberno arxentino e da asociación arxentina de educadores dixitais. Tamén nesta primeira xornada estará Miquel Àngel Prats i Fernández, mestre e psicopedagogo da Universidade Ramon Llull de Barcelona, onde coordina o máster universitario en innovación pedagóxica.

Web do evento
http://www.fieced.com/

As actividades e conferencias poden seguirse a través de internet
www.blog.fieced.com/streaming

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*