A UDC e a CTNL organizan este novo Curso de Verán sobre dinamización lingüística, que acollerá a vila de Carballo entre o 9 e o 11 de xullo.
Que facermos para lles transmitirmos o galego ás xeracións máis novas? Esta é a gran pregunta arredor da que se traballará no X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua
PROGRAMA
MÉRCORES 9 > Contextualización, análise e experiencias
9.30 h a 10.00 h Recepción e entrega de documentación
10.00 h a 10.30 h Inauguración e benvida
-Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo
10.30 h a 12.00 h Conferencia marco
Transmisión interxeracional da lingua. Contextualización e factores determinantes
-Brauli Montoya. Catedrático de sociolingüística da Universitat d’Alacant
12.00 h a 12.30 h Café conxunto
12.30 h a 14.30 h Relatorio
A fractura da transmisión interxeracional da lingua galega. Canto, cando, como
-Xaquín Loredo. Sociolingüista da Real Academia Galega (RAG)
-Valentina Formoso. Sociolingüista, profesora e coordinadora xeral da CGENDL
14.45 h Xantar conxunto
16.30 h a 18.00 h Debate-entrevista
Ás nosas fillas e fillos transmitímoslles o galego, mais…
-Belén Regueira (moderadora). Xornalista, presentadora de radio e televisión
-Entrevista-debate con varias/os nais e pais
18.00 h a 18.30 h Descanso
18.30 h a 20.30 h Exposición e valoración de experiencias
A experiencia das desaparecidas liñas de Educación Infantil en galego
-Dolores Oubiña. Directora da EEI Pastora de Cambados
A experiencia das escolas infantís públicas
-Ana Abelenda. Educadora infantil da Galiña Azul
A experiencia do proxecto da Escola Infantil Raiola de Santiago
-Rita Iglesias. Directora de Raiola
XOVES 10 > Propostas de actuación
9.30 h a 10.30 h Experiencia e avaliación de intervencións desenvolvidas
Teño unha lingua, e non é de trapo
-Marta Besada. Ex-técnica do DLG do Concello de Santiago de Compostela
Do berce á rúa. Medra coa lingua
-Adela Pita. Técnica do SNL do Concello de Narón
10.30 h a 11.15 h Presentación de proposta
Prende no colo. Obradoiro de xogos de dedos, cantigas, recitados…
-Luís Prego. Profesor e autor dos libros Xogos musicais e Para cantar e bailar
11.15 h a 11.45 h Café conxunto
11.45 h a 12.30 h Presentación de proposta
Coñecemento e manexo de materiais en galego para escolas infantís
-Ruth Caramés. Deseñadora e dinamizadora
12.30 h a 14.30 h Actividade lúdica
Visita ao espazo natural Razo-Baldaio
Guiada por Senda Nova
14.45 h Xantar conxunto en Baldaio
17.00 h a 18.00 h Proposta de intervención
Presentación e explicación de proposta de intervención desde os SNL para fomentar e/ou mellorar a transmisión interxeracional do galego
-Conchi Cochón. SNL do Concello de Pontevedra
-Nel Vidal. SNL do Concello de Carballo
-Rosa Moreiras. SNL do Concello de Ames
-Soco García. DLG do Concello de Santiago de Compostela
18.30 h a 20.30 h Grupos de traballo e participación
Propostas para a mellora da transmisión interxeracional do galego
VENRES 11 > Propostas de actuación
10.00 h a 11.30 h Relatorio
Hai camiños para mellorar a transmisión interxeracional da lingua
-Paula Kasares. Sociolingüista da Universidade Pública de Navarra (UPNA)
11.30 h a 12.15 h Presentación de proposta
Obradoiro de cantos de berce
-Xabier Díaz. Cantor
12.15 h a 12.45 h Café conxunto
12.45 h a 14.00 h Conferencia de clausura
Para a transmisión interxeracional do galego
-Mariló Candedo, profesora da Universidade da Coruña (UdC)
ORGANIZA
Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística
COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Concello de Carballo
MÁIS INFORMACIÓN
Servizo de Normalización Lingüística UDC
snl@udc.es
Tfno.: 981 167 000 ext. 1042
LUGAR E DATAS
Fórum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo
Mércores 9, xoves 10 e venres 11 de xullo de 2014
CUSTO
O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 9 e do xoves 10, a visita a Baldaio e os almorzos conxuntos dos tres días.
>Para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas: 30 €
>Para as demais persoas: 50 €
#QUEDAMOSENCARBALLO: OFERTAS DE ALOXAMENTO NA VILA
Hai unha oferta de hospedaxe en Carballo para participantes no curso que vai desde os 20 € / día en cuarto individual e con almorzo incluído. Polo tanto, unha persoa de fóra de Carballo pode participar pagando a matrícula e quedando a durmir na vila desde os 70 € durante todo o curso, e con cuarto, almorzo, xantar e todas as actividades formativas incluídas.
MATRÍCULA
O número de participantes está limitado a 70 persoas, por orde inscrición, e o prazo de matrícula remata o día 4 de xullo. A matrícula debe facerse a través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2014/curso17.html
INFO COMPLETA
http://ctnl.org/web/notic.php?ide=1166
No Facebook
https://www.facebook.com/events/737698199606619/?ref=notif¬if_t=plan_user_invited