Transmitir a idea de que todo ten unha segunda vida, e que cando se pecha unha etapa comeza outra, e que aos materiais aparentemente sen uso pódeselles dar outra oportunidade. Así define o alumnado de Secundaria do colexio Santa Teresa de Jesús de Ourense o obxectivo da obra artística á que lle deron forma e coa que resultaron vencedores na súa categoría no certame “Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, contando co apoio de Ecoembes e os Sistemas Integrados de Xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP).
Bautizado como “Spoon Lights”, esta obra de arte dos rapaces e rapazas ourensáns foi elaborada cunha lámpada reciclada que fabricaron a partir dunha garrafa e culleriñas de plástico azuis. Incorporaronlle ademais un circuíto eléctrico caseiro montado cunha lámpada led de baixo consumo, un portalámpadas e un cable.
Con ela pretendían tamén concienciar a cidadanía en torno á reutilización, o que evitará a acumulación de refugallos, posibilitando que gocemos dun mundo limpo e san. Como gañadores do certame o centro recibirá un vale canxeable por valor de 700 euros para material didáctico e escolar, mentres que o alumnado autor do traballo será agraciado con altofalantes compactos para móbiles.
PlasticOFF
No apartado de redacción resultou vencedor o CEIP Antonio Palacios, do Porriño, coa redacción do mesmo título ca o certame “Separemos ben, reciclaremos mellor”, na que un alumno reflexiona sobre a contaminación orixinada polos residuos e a importancia que ten contribuír á correcta xestión destes a través da aplicación do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).
O escrito relata a experiencia que levaron a cabo no seu colexio, deseñando unha campaña informativa e formativa para que a comunidade educativa tomase conciencia do dano que o plástico produce sobre o contorno. Conseguiron así reutilizar unha gran cantidade deste material non biodegradable. E ao que non lle puideron dar unha segunda oportunidade, depositárono no contedor amarelo para propiciar o seu reciclado. Ademais, puxeron en marcha en internet a bitácora “Plasticoff”, que foron nutrindo con diversa información e vídeos que realizaron eles mesmos, e con noticias que ían localizando en distintos medios de comunicación.
“Separemos ben, reciclaremos mellor”
Deica o mes de abril, perto de 16.500 alumanos e alumnas de 139 centros de primaria, ESO e Bachalerato foron atendidos por esta campaña, deseñando para eles actividades específicas coas que puideron aprender a xestionar correctamente os seus residuos.
[…] han sido los reconocimientos llegados desde fuera: Ha sido proyecto ganador de la convocatoria Separemos ben, Reciclaremos mellor, de la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia; el proyecto se presentó en el II […]