IV Concurso polo Territorio de foto, relato e curta

concursos_polo_territorio_AdegaNova edición dos certames polo Territorio convocados por Adega.

Unha oportunidade de retratar o estado actual do noso territorio a través da imaxe e da palabra, velaí o obxectivo unha vez máis dos Concursos polo Territorio ideados pola Asociación Ecolóxica para a Defensa de Galicia (Adega). Estes concursos enmárcanse dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio” e están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

IV Concurso FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO

As fotografías deberán ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio.

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos.

Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 200 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 150 euros.

Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas a ADEGA a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info.

O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de novembro do 2014.

IV Concurso de Relatos “O Lugar no que vivo”
Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc.

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos.

Premios: 1º Categoría Adulta; Diploma e 250 euros. 1º Categoría Xuvenil; Diploma e 200 euros.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas 180, Entrechán, 27002 Lugo) ou a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info.

O prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de novembro de 2014.

III Concurso de Curtametraxes “E ti, que é o que ves?”
As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que agreden os mesmos.

Cada participante poderá presentar un máximo de 4 creacións audiovisuais, que terá que enviar, en formato DVD, por correo postal ao enderezo de ADEGA-Lugo (Ronda das Fontiñas nº 180 Entrechán, 27002, Lugo). Tamén poderá subir as obras a algunha plataforma de intercambio de arquivos, (tipo Dropbox,….) e enviar a ligazón de descarga ao email: culturaeterritorio@adega.info

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*