Debuxa o teu almorzo

debuxa_almorzoCertame para a promoción de estilos de vida saudables.

A Organización Mundial da Saúde define á obesidade e o sobrepeso como “a pandemia do século XXI”. A nivel estatal padecen sobrepeso e obesidade o 53% da poboación adulta e o 33% da poboación infantoxuvenil de 2 a 17 anos.

Entre os principais factores xeradores de obesidade infantil encóntranse a escasa actividade física e/ou unha alimentación inadecuada, principalmente no referinte á realización dun almorzo pouco axeitado. O almorzo é unha comida moi importante e contribúe a que os escolares teñan máis enerxía para desenvolver as súas actividades. Un almorzo equilibrado debe estar composto por un lácteo, cereais e froita.

Dado que existe unha gran preocupación polo aumento da prevalencia de enfermidades non transmisibles e xa que éstas están relacionadas co patrón alimentario e de actividade física, vémonos na obriga de establecer un marco de actuación que permita crear as condicións máis axeitadas e necesarias para que a poboación acade un estado óptimo de saúde e benestar.

A Consellería de Sanidade, o Foro Interalimentario e a Unión de Consumidores de Galicia firmaron un convenio de colaboración para a promoción de estilos de vida saudables.

Conscientes de que é necesaria unha educación nutricional en todos os ámbitos, as tres partes implicadas no convenio decidiron poñer en marcha o concurso “Debuxa o teu Almorzo”, no que se establecen dúas categorías de participación:

1) Categoría xeral: Para nenos e nenas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria de calquera centro educativo de Galicia durante o curso 2014-2015.

2) Categoría especial: Para usuarios/as de centros de atención a persoas con discapacidade intelectual e/ou desenvolvemento, radicados en Galicia.

A data límite para a recepción dos debuxos será o día 15 de outubro de 2014.

As bases completas na web do concurso
http://www.edu.xunta.es/web/debuxaoteualmorzo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*