“Abrindo mentes, pechando estigmas”

dia_mundial_salud_mentalÉ o lema escollido para o Día da Saúde Mental, que se celebrará o vindeiro 18 de outubro.

O Día Mundial da Saúde Mental céntrase nesta edición 2014 na loita contra a discriminación. A convocatoria, promovida pola Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES), incluirá múltiples actividades co fin de concienciar ante a discriminación que aínda sofren as persoas con problemas de saúde mental.

“Abrindo mentes. Pechando estigmas” implica a necesidade de que a sociedade coñeza a realidade das persoas con trastorno mental e as súas familias, como forma de desterrar os prezuízos que aínda hoxe pesan sobre este colectivo e que supoñen un dos seus principais obstáculos no seu día a día.

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES, é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que sofren problemas de saúde mental e a dos seus familiares.

O ámbito de actuación de FEAFES Galicia abrangue todo o territorio autonómico, representando ás máis de 41.500 persoas que teñen certificado de discapacidade por enfermidade mental en Galicia. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, posúe centros e servizos en 30 localidades e conta cun total de 4.700 socios.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*