Apoio aos Clubs de lectura para o curso 2014/2015

lectura2Poderán presentar solicitude aqueles centros que inclúan un club de lectura na programación de actividades da biblioteca escolar ou conten con profesorado que pretenda poñelo en marcha cun grupo de alumnos e alumnas. No club de lectura poderán participar, se fose o caso, membros dos distintos sectores da comunidade escolar.

Os centros dos que resulte seleccionada a solicitude de club de lectura recibirán unha asignación,destinada á posta en marcha das actividades de fomento da lectura previstas no seu proxecto. Todos os centros elixidos en virtude desta convocatoria recibirán unha contía, que estará en función do número total de solicitudes seleccionadas e que variará de acordo cos criterios establecidos na convocatoria.

O prazo remata o 10 de outubro

Compartindo experiencias lectoras

Poñer en marcha un club de lectura nun centro educativo consiste, basicamente, en promover a participación dun grupo de rapaces e rapazas para compartir as súas experiencias lectoras, coa mediación dun adulto que conduza todo o proceso.

O espazo natural para o club de lectura e a biblioteca escolar, e os tempos axeitados para a súa celebración dependen das posibilidades de cada grupo (recreos ou tempos non lectivos), resultando imprescindible a implicación persoal do profesorado dadas as especiais características desta actividade.

O número de integrantes non debe ser excesivo. A utilización das técnicas de información e comunicación e algunhas das chamadas ferramentas da Web 2.0 (blogues, foros e outras) poden enriquecer a actividade,contribuír á lectura en diversos soportes e facilitar a difusión das súas propostas entre a comunidade educativa.

Bases da Convocatoria (.pdf)
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Convoc_clubs_lectura_14_15.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*