5 ideas para que os cativos coman a verdura

verduras2Son boas para eles pero ás veces é necesario axudarnos dun pouco de imaxinación para conseguir que as proben.

1.Implícaos no proceso culinario. Que a cociña non sexa un lugar estraño para eles, onde unicamente van comer. Levádeos algunha vez de compras, especialmente á froitería ou á sección de verduras do supermercado. Elixide xuntos o que comprades. Despois, unha vez en casa, animádeos a colaborar. Gustaralles axudarvos a lavar as verduras, a pelalas e tamén a trocealas.

2.Une algunha das súas comidas favoritas coas verduras. Gústalle a pizza? Seguro que será divertido inventarse unha nova pizza na casa, cos vosos propios e coloridos ingredientes e poñerlle un nome. Sobre unha base para pizza precociñada ou, cun pouco máis de tempo, ata elaborar a vosa propia base de pizza.

3.Verduras nunha sobremesa? ¡Por que non! Un batido ou un xeado son propostas excelentes para introducir algunha verdura. Magníficas tamén cando se trata de introducir a froita ou de ampliar o abanico de froitas que comen vosos peques.

4.Un novo nome para ese prato tradicional? Usade o “marketing” na vosa propia cociña. Seguro que se vos ocorre un novo nome para esa sopa de verduras e quizais “Ensalada Máxica” sexa un nome máis “comercial” na mesa para esa ensalada de sempre. Ou en último término…

5…Camufla a verdura. Todo un clásico, si, pero… Funciona! Esa espinaca oculta por un pouco de salsa de tomate e queixo esas hamburguesa… de verduriñas. Afai o padal da cativería a eses novos sabores reducindo a súa intensidade ao acompañándoos doutros xa coñecidos e aceptados.

Autora: L.G
Imaxe: Flickr David Saddler / Eat Your Vegetables, They’re Good For You!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*