Proxecto divulgativo para as aulas de Primaria. Aberto o prazo de inscrición deica o 24 de outubro.
O proxecto Rede Natura 2000. Escolas en acción dirixido a todas as escolas de ensino primario de Galicia está concibido como unha ferramenta de investigación e divulgación con fin de visibilizar na sociedade a importancia da conservación destes espazos naturais e a importancia da sostibilidade no uso dos seus recursos, dende a óptica e a creación das mensaxes que as nenas e nenos destas áreas de influenza farán a través do seus proxectos de investigación.
ACCIÓNS PREVISTAS
Obradoiro sobre a importancia da Rede Natura 2000. Terá lugar nas instalacións dos centros de ensino participantes e será realizado por educadores do CEIDA.
Asesoramento e apoio técnico aos centros educativos participantes no desenvolvemento dos proxectos.
Cesión temporal de material audiovisual sobre a Rede Galega de Espazos Protexidos que permitirá coñecer e identificar os valores naturais, culturais e patrimoniais dos espazos naturais protexidos mais relevantes da nosa comunidade.
Colaboración e apoio documental entre as bibliotecas escolares e o centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga. O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA é o único centro especializado en medio ambiente que ofrece un servizo de consulta e apoio documental a toda a cidadanía galega, sendo a educación ambiental e a conservación as súas principais áreas temáticas. O proxecto pretende crear sinerxías de colaboración entre as bibliotecas escolares e o centro de documentación do CEIDA mediante o asesoramento e apoio bibliográfico, xa sexa a través de préstamo interbibliotecario como de búsquedas especializadas de documentación na Rede.
Campaña de Comunicación
O programa conta cun blog http://escolasenaccion.wordpress.com que permitirá divulgar entre toda a comunidade escolar e as entidades promotoras, a evolución dos proxectos e os centros participantes. Cada centro participante asumirá o compromiso de facer unha entrada mensual no blog co obxectivo de manter informado ao resto dos participantes do desenvolvemento dos seus proxectos, e das dificultades atopadas no camiño.
Vídeos divulgativos
As bases desta convocatoria incluirán o compromiso de cada un dos centros de elaborar un pequeno vídeo divulgativo de seu proxecto que deberá ser entregado coa memoria final e que será unha das ferramentas para presentar os resultados obtidos no desenvolvemento desta convocatoria.
Axuda económica de 300 €
Cada centro participante recibirá ata un máximo de 300 €. Estas axudas económicas teñen a finalidade de sufragar os gastos que xere ao centro de ensino a realización do proxecto (desprazamentos, material funxible, bibliografía, reprografía,…) A xustificación das axudas concedidas efectuarase mediante un orzamento detallado de cada un dos gastos realizados no desenvolvemento do traballo. Os gastos acreditaranse mediante facturas.
Bases e formulario de solicitude na web do CEIDA
http://www.ceida.org/educacion-divulgacion/programa-educacion-ambiental/rede-natura-2000-escolas-en-accion.html