Arrestárona por ser muller e ir a un partido de voleibol… #FreeGhonchehGhavami

ghoncheh_ghavamiCampaña na rede para a liberación da estudante iraniano-británica detida en Teherán.

“O noso pesadelo comeza en xuño 2014, cando a miña irmá pequena é enviada ao cárcere en Teherán. Foi arrestada por ir a un partido de voleibol masculino. Ghoncheh ten a dobre nacionalidade iraniana-británica”. Amnistía Internacional pediu que se busque unha solución urxentemente.

“Cada sinatura e difusión son un paso máis para poder traer á miña irmá a casa. Axúdasnos a terminar con este pesadelo para a miña familia?” Ghoncheh atopábase en Irán en como traballadora humanitaria. Ía dar clases a nenos da rúa, para que puidesen ser alfabetizados. Segundo publicou o xornal The Independent, a moza asistiu a un encontro da Liga Mundial de voleibol a xeito de protesta pacífica polo veto ás mulleres nos partidos masculinos do evento organizado pola Federación Internacional de Voleibol (FIVB).

Amnistía Internacional afirmou que “o avogado de Ghoncheh non puido ir á prisión, nin tivo acceso ao seu expediente”

Firma a favor da presión internacional para a liberación de Ghoncheh Ghavami
http://www.change.org/p/gobierno-de-ir%C3%A1n-liberen-y-traigan-a-mi-hermana-a-casa-freeghonchehghavami?utm_campaign=friend_inviter_chat&utm_medium=facebook&utm_source=share_petition&utm_term=permissions_dialog_true&share_id=DZtMVDSoog

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*