Preparándonos para aprender a programar na ‘Europe Code Week’

semana_programacionDo 11 ao 17 de outubro. Iniciativa promovida pola Comisión Europea.

Por que aprender a programar?
Nun mundo no que estamos rodeados de tecnoloxía, e onde moitas das interaccións que temos son coas computadoras, aprender código axúdanos a entender como funcionan estes servizos. E o que é máis, aprender a programar dános un novo e poderoso xeito de explorar as nosas ideas e facer as cousas, tanto para traballar como para xogar.

Como participar?
Existen clubs e grupos en diversos lugares que de forma especial organizan reunións e eventos durante a ‘Europe Code Week‘. Na web da iniciativa pode buscarse no mapa a referencia do máis próximo a nós. Ademais, calquera pode crear un novo evento e engadilo á lista.

A web proporciona un kit de ferramentas para os organizadores e unha lista de recursos por onde empezar. E aínda que, de cara á promoción pública da programación, centráronse múltiples actividades nesta semana do 11 ao 17 de outubro, haberá outras actividades durante todo o ano.

A iniciativa ‘Aprendo Programación‘ que o Colexio de EnxeñeiríaTécnica en Informática levou a cabo o pasado curso é unha boa mostra deste tipo de proxectos.

Máis información
http://codeweek.eu/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*