“Unha nena, unha mestra, un libro e un lápiz poden cambiar o mundo”

malala_yousafzaiMalala Yousafzai, a inspiradora historia para levar ás aulas da nova Premio Nobel da Paz.

“Tomemos os nosos libros e lápices, son as nosas armas máis poderosas. A educación é a única solución. A educación primeiro”. Con 17 anos, a moza paquistaní Malala Yousafzai é xa a máis nova gañadora do Premio Nobel da Paz.

No verán de 2013, na sé das Nacións Unidas, e logo de recuperarse do intento de asasinato sufrido meses antes pola súa persistencia en asistir á escola malia a presión extremista dos talibán, pronunciaba un emotivo discurso. “Estou aquí para falar do dereito á educación de todos os nenos. Quero que os fillos dos talibán sexan educados. Non lle dispararía ao meu agresor, aínda que o tivese diante e unha pistola na man. Esta compaixón é herdanza de Mandela e de Luther King. Esta é a filosofía de Gandhi e da Madre Teresa. E este é o perdón que aprendín do meu pai e da miña nai”, afirmaba entre os aplausos do público asistente na ONU ese día, para engadir a continuación que “o extremismo ten medo dos lapis e os libros e do poder da voz das mulleres, por iso as mata”. “É tempo de levantar a voz para que os líderes políticos cambien as súas estratexias de paz”, subliñaba ademais. “Ninguén nos poderá parar. Traeremos o cambio. Cremos no poder e na forza das palabras, que poden cambiar o mundo. Se queremos lograr todo isto, temos que atacar coa arma do coñecemento”.

Premio Nobel compartido co indio Kailash Satyarthi
O Comité Nobel anunciou este venres 10 de outubro que Malala Yousafzai compartirá o galardón co activista indio Kailash Satyarthi. O Nobel quere así premiar o seu compromiso coa loita “contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito de todos os nenos e nenas á educación”. Durante o anuncio, o presidente do comité, Thorbjon Jagland, mencionou tamén a importancia de que sexan un hindú e unha musulmá, un indio e unha paquistaní, quen compartan o recoñecemento nesta loita común “pola educación e contra o extremismo”.

Jagland mencionou que o esforzo de diversas institucións e persoas conseguiu que desde o ano 2000 haxa no mundo uns 78 millóns menos de nenos e nenas que son obrigados a traballar, pero que aínda hai 168 millóns de menores explotados laboralmente e que ven obstaculizado o seu acceso á educación. Kailash Satyarthi, antigo enxeñeiro informático na India, lidera a organización Global March, que traballa para a liberación da escravitude de miles de nenos e nenas en máis de cen países.

 

Información sobre Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi na web do Nobel

http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/peace/laureates/2014/ 

 Malala, a nena que lles puxo cara aos talibáns para poder estudar (RTVE)

http://www.rtve.es/noticias/20141010/malala-nina-planto-cara-talibanes-para-poder-estudiar/761461.shtml

“Hai que morrer algunha vez na vida”, entrevista a Malala en El País

http://elpais.com/elpais/2013/10/12/eps/1381613349_778121.html 

Diario dunha escolar paquistaní, oblog que Malala escribía na BBC

http://news.bbc.co.uk/2/hi/south_asia/7834402.stm 

 ‘Yo soy Malala’, libro biográfico editado por Alianza Editorial

http://www.alianzaeditorial.es/libro.php?id=3280299&id_col=100508

 Nesta reportaxe do New York Times pode verse o documental de Adam B. Ellick sobre a vida de Malala 
http://www.nytimes.com/2012/10/10/world/asia/teen-school-activist-malala-yousafzai-survives-hit-by-pakistani-taliban.html

 Blog sobre Malala 
http://www.malala-yousafzai.com/ 

 Malala Fund – Asociación liderada por Malala en favor da educación e a defensa das nenas

 http://www.malala.org/

 @MalalaFund – A conta en twitter da Fundación Malala
 https://twitter.com/MalalaFund 

Malala en The Daily Show – entrevista
http://www.upsocl.com/inspiracion/ella-es-malala-yousafzai-la-persona-mas-joven-en-ser-nominada-al-nobel-de-la-paz-sus-palabras-te-dejaran-asombrado/

 Quen son os talibán? Información na wikipedia 
http://en.wikipedia.org/wiki/Taliban 

 

Intervención de Malala na ONU

 

Amplia entrevista con Malala na televisión Mexicana

Ziauddin Yousafzai: My daughter, Malala

Festival Women of the World – Intervención de Malala (Subtítulos en inglés)

 

Autora: L. G.

 

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*