Agora non podemos parar!

campanha_unicefCada día morren 17.000 nenos por causas que podemos evitar. Axudemos a Unicef a seguir salvando vidas.

A oportunidade de acabar coa mortalidade infantil está máis cerca que nunca, subliña a campaña de Unicef. Nas dúas últimas décadas o número de nenos e nenas que morren cada día por causas que podemos evitar reduciuse á metade. Isto significa que 100 millóns de nenos menores de 5 anos sobreviviron a enfermidades como a pneumonía, a polio ou a diarrea.

Con todo, aínda que pareza incrible, aínda 17.000 nenos morren cada día por causas que podemos evitar con medidas tan sinxelas como unha vacina, unha nutrición axeitada ou acceso a auga potable. Son 17.000 nenos que nunca chegarán a celebrar o seu quinto aniversario, nunca terminarán a escola e nunca conseguirán os seus soños.

Vacinación, nutrición, saúde, auga
Vacinar un neno é unha das medidas máis efectivas para reducir a mortalidade infantil. As campañas de inmunización evitan entre 2 e 3 millóns de mortes cada ano por difteria, tétanos, tose ferina e sarampelo. En 2013, UNICEF forneceu 2.790 millóns de vacinas para inmunizar a máis dun terzo dos nenos do mundo

A desnutrición pódese previr e tratar. Con todo, na actualidade 20 millóns de nenos menores de 5 anos sofren desnutrición aguda grave. Se reciben tratamento de inmediato poderían salvar a súa vida. En 2013, só en urxencias, UNICEF proporcionou tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos.

A falta de recursos sanitarios e o difícil acceso a centros de saúde provoca que miles de nenos morran cada día. A prevención xoga un papel chave, como no caso da malaria grazas ao uso de mosquiteiras. En 2013, UNICEF repartiu 30 millóns de mosquiteiras para protexer os nenos e as súas familias da malaria.

A auga é vital para a vida. Con todo, 748 millóns de persoas en todo o mundo non teñen acceso a auga potable, un problema que provoca que 1.400 nenos menores de 5 anos morran cada día. En 2013, só en urxencias, UNICEF contribuíu a que 24,4 millóns de persoas teñan acceso a auga potable.

Mobilízate!
Podes apoiar a iniciativa de Unicef contra a mortalidade infantil de varios xeitos. Podes crear a túa propia campaña ti mesmo ou con axuda dos teus amigos/as. Tamén podes unirte “á nosa comunidade de optimistas!” e axudar a difundir a campaña.

Proxecto Agora non podemos parar!
https://www.unicef.es/ahoranopodemosparar/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*