Obradoiro científico: C.S.I. Investigamos?

obradoiro_csiActividade de educaBarrié. En Vigo, o 20 de outubro.

Obradoiro científico no cal se desenvolverá unha investigación na busca de impresións dixitais, restos biolóxicos e a elaboración dun retrato robot para resolver un enigma para Educación Primaria.

Data: 20 de outubro de 2014
Hora: de 11.00 a 12.00 hs. e de 12.30 a 13.30 hs.
Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31)
Dirixido a: Alumnado de Educación Primaria

Esta actividade permite aos nenos converterse en investigadores dunha unidade CSI. Ao chegar infórmaselles de que deben resolver o enigma do misterioso roubo dunha torta que se acaba de producir na sala na cal se desenvolve a actividade.

Para descubrir o culpable teremos de recorrer ás ciencias forenses, buscando impresións dixitais pola sala e rastros biolóxicos que foron borrados. Utilizando o método científico, iremos resolvendo o crebacabezas que nos presentan as probas para finalmente, entre todos, elaborarmos un retrato robot do sospeitoso.

De forma complementaria explicaráselles aos nenos a importancia de seguiren uns protocolos de seguridade na vida cotiá e a importancia de non trabar conversacións con descoñecidos e preservar a información persoal.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*