IV Congreso Mundial do Deporte en Idade Escolar

congreso_deporte_escolarDe 5 a 7 de novembro. Na Universidade da Coruña.

O IV Congreso Mundial do Deporte en Idade Escolar – Seminario Internacional de Educación Física, Escolas Deportivas e Psicomotricidade, organizado por Víctor Arufe, profesor de Didáctica da Expresión Corporal da Universidade da Coruña.

A conferencia de apertura, o mércores 5 ás 9:45 horas, correrá a cargo do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, quen falará sobre a promoción da actividade física e deportiva entre os escolares no ámbito do plan Galicia Saudable. A continuación, impartirá o seu relatorio María José Martínez, investigadora asociada de The UCLA Institute for Society and Genetics. Comité Olímpico Internacional, sobre A evolución da verificación do sexo no deporte olímpico feminino e a súa relación co deporte escolar. Análise das normativas actuais. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, intervirá Eva Sanz Arazuri, da Universidad de La Rioja, quen falará da familia como promotora de hábitos físicos saudables. A xornada rematará cunha mesa redonda sobre familia e deporte escolar na que participarán Eva Sanz Arazuri, Juan Carlos Vázquez Lazo (Universidade da Coruña) e Rui Neto Mato (Instituto Politécnico de Leiría. Portugal).

O xoves abrirá as conferencias, ás 9:30 horas, o profesor Alex Branco Fraga (Universidade Federal do Rio Grande do Sul. Brasil), coa análise do xiro cultural na Educación Física brasileira e as prácticas corporais no currículo escolar; seguido de Javier Abad Molina (Centro Universitario La Salle. Universidad Autónoma de Madrid), quen falará sobre Espazos de xogo, espazos de vida, espazos de símbolo. Xa pola tarde, ás 16.30, tocaralle a quenda a Francisco Ruíz Juan (Universidade de Murcia), cunha charla sobre o clima motivacional do adestrador e a súa influencia nos deportistas mozos, e ao profesor Eduardo Madrera Mayor (C.P. Escuela del Deporte del Principado de Asturias), que analizará a formación de técnicos das Actividades Físicas e Deportivas en España.

O congreso rematará o venres 7 con tres charlas: As competencias do profesor de Educación Física, impartida por Onofre Contreras Jordán (Universidad de Castilla La Mancha); A Educación Física: Diferentes formas de abordar a actividade física e a calidade de vida, de María Luisa Zagalaz Sánchez (Universidad de Jaén), e O deporte como ferramenta para cambiar o mundo. Unha proposta de Acción contra el Hambre, coa intervención de Lucila Pérez (Fundación Acción contra el Hambre). A conferencia de clausura será impartida por Elena Komova (Russian State University of Physical Education, Sport, Youth and Tourism), quen falará ás 11.30 horas sobre os problemas do deporte escolar en Rusia.

Máis información (.pdf)
https://www.udc.gal/export/sites/udc/_galeria_down/actualidade/eventos/2014/10/CongresoDeporteEscolarTriptico.pdf

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*