Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe en Galego

obradoiro_eoiNa Coruña, organizado pola EOI. Inscrición aberta deica o 7 de novembro.

Obradoiro gratuíto promovido polo equipo de normalización e dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña en colaboración co Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.

Poden inscribirse estudantes da Escola Oficial de Idiomas, ESO, Bacharelato e FP dos centros educativos da cidade da Coruña. As clases van ser impartidas por Omar Rabuñal Varela, director, guionista e actor, en sesións que terán lugar entre o 11 de novembro e o 29 de xaneiro. A iniciativa forma parte do proxecto anual para promocionar a participación no Festival CinEOI Coruña Curtas 2015 que terá lugar no mes de abril.

O obradoiro ten 30 prazas e está pensado para un achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe, con 30 horas de clase teórico-prácticas onde se fará un percorrido polos procesos necesarios para crear unha peza audiovisual de ficción. Vaise tratar d do guión, a linguaxe audiovisual, a técnica e a montaxe. Ao final do curso o alumnado gravará unha curta que será proxectada no Festival CinEOI Coruña Curtas 2015.

A inscrición pode facerse no enderezo electrónico endl.corunha@gmail.com ou na conserxería da Escola de Idiomas
https://www.facebook.com/eoicoruna/photos/a.402733223155194.1073741826.402372679857915/697527847009062/?type=1&theater

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*