“Recíclate con Sogama” inicia o curso 2014-2015 con trece centros involucrados

illas_de_reciclaxeO programa ten por obxecto o fomento da reciclaxe e, con este, os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.

Un total de 13 centros educativos de Educación Secundaria (ESO) de distintos puntos de Galicia participan este ano no programa Recíclate con Sogama 2014-2015, enmarcado á súa vez no Plan Proxecta da Xunta de Galicia; unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten por obxecto o fomento da innovación educativa a través do desenvolvemento das competencias básicas e a educación en valores, promovendo a realización de proxectos interdisciplinares que teñan un alto potencial de transferibilidade.

Os colexios participantes no programa de Sogama son os seguintes:

  • Pola provincia de Pontevedra (7), tres de Vigo (IES Carlos Casares, CPR Plurilingüe Mercantil e IES República Oriental de Uruguai); un de Vilagarcía de Arousa (CPR Plurilingüe Sagrada Familia); un de Pazos de Borbén (CPI Curros Enríquez); un de Cuntis (CPI Aurelio Marcelino Rei García); e un de O Grove (IES Plurilingüe As Bizocas).
  • Pola de Ourense (1), un da propia cidade das Burgas (CPR Plurilingüe Divina Pastora).
  • Pola provincia da Coruña (2), un de Boiro (IES A Cachada) e outro de Camariñas (IES Pedra dA Aguia).
  • Pola de Lugo (3), un de Quiroga (IES de Quiroga); un de Sarria (CPR Nuestra Señora de la Asunción); e un da localidade de Lugo (IES Lucus Augusti).

Alcance de Recíclate con Sogama 2014-2015
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o principal obxectivo de Recíclate con Sogama non é outro que instar ao alumnado e ao profesorado a participar activamente no sistema de recollida selectiva para incrementar as porcentaxes de reciclado en Galicia e alcanzar os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.

Con tal fin, proporcionarase a cada centro unha illa de reciclaxe, que estará conformada por tres contedores de 120 litros de capacidade (amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para os de cartón e papel; e verde convencional, para a fracción resto), propiciando desta forma que a comunidade educativa teña a oportunidade de separar os residuos producidos na escola e depositalos nos recipientes axeitados.

Ademais, os que dispoñan de servizo de comedor, serán dotados cun composteiro no que poderán fabrican compost a partir da materia orgánica xerada, acondicionando desta forma un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que substituir aos fertilizantes artificiais utilizados para acondicionar hortas e xardíns.

De forma paralela, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, despregará un potente programa formativo a través do cal proporcionará as claves para que escolares e docentes poidan participar nos proxectos que desenvolvan nos centros, e que ata leven a cabo unha tarefa educativa na súa contorna familiar e social máis inmediaao. Para isto, a entidade utilizará diferentes recursos divulgativos tales como presentacións en power point, vídeos, carteis, dípticos, xogos e guías didácticas, entre outros.

A fin de evaliar a acollida do programa, o grao de implicación dos usuarios e a calidade do material seleccionado, a empresa realizará inspeccións periódicas a través das cales levará a cabo un seguimiento do traballo aportado e desenvolvido por cada centro, realizando caracterizacións dos recipientes que conforman as illas de reciclaxe mantendo un contacto permanente cos coordinadores desta iniciativa en cada colexio.

Para máis información
http://www.sogama.es/gl/campanha/reciclate-con-sogama-2014-2015

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*