Muller e Ciencia. 13 nomes para cambiar o mundo

muller_e_cienciaExposición en Ferrol deica o 21 de novembro. Despois viaxará á Coruña.

A Oficina para a Igualdade de Xénero trae á Universidade da Coruña a exposición itinerante Muller e Ciencia. 13 nomes para cambiar o mundo, creada pola Cátedra Tomás Pascual Sanz – Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT). A exposición amosa o labor investigador e solidario de científicas cuxa vocación polo saber, entendido como produto humano e pola humanidade, é o motor do seu traballo. A iniciativa chega a Ferrol neste mes para celebrar a Semana da Ciencia e en marzo estará no campus da Coruña.

Flora de Pablo, Adela Cortina, Jane Goodall, Susan George, Vandana Shiva, Lourdes J. Cruz, Tebello Nyokong, Hayat Zirari, Dora Barrancos, Jenny de la Torre, Concepción Campa, Ana Mª Cetto e Elinor Ostrom son os trece nomes desta exposición, mulleres que desde as máis diversas disciplinas, como a Medicina, a Economía, a Filosofía ou a Física, entregan moito máis que unha xornada laboral: crean redes, comunican, acompañan e denuncian, promoven e, en definitiva, demostran que os avances científicos son válidos, pagan a pena, cando van acompañados da firme convicción de que a ciencia excede as probetas e os despachos e se expande ao ancho mundo.

Muller e Ciencia. 13 nomes para cambiar o mundo, que leva percorrida toda España, estará aberta ao público no Centro Cultural Universitario de Esteiro, en Ferrol, do 1 ao 21 de novembro.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*