Google organiza un curso en liña para educadores

google_basics_teachingFormación gratuíta para revisar ideas e experiencias para a adaptación de ferramentas de Google nos procesos de ensino e aprendizaxe.

O curso está pensado para calquera membro da comunidade educativa independentemente das súas habilidades técnicas con ferramentas informáticas, co fin de facilitarlle o uso das ferramentas educativas de Google fundamentalmente no aula escolar.

Usaranse vídeos, casos prácticos e exemplos, con ideas sobre como facelo (desde Google Apps ata Google Maps). Segundo a ficha de presentación do curso, trátase de axudar a descubrir novas formas de crear experiencias significativas de aprendizaxe entre o alumnado.

O curso divídese en tres temas (Investigar e comunicar; Crear e compartir; Reforzar a experiencia do aula) cun cuestionario incluído. Estará dispoñible desde o 18 de novembro e ata o 19 de setembro, e será coordinado por expertos de Google.

Para inscribirse, aquí: Google Basics for Teaching

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Alicia Lorenzo Franco Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*